Sunday 28 de April de 2024

Ovidio Rodeiro traslada aos empresarios de Tordoia os apoios e programas autónomicos para impulsar a economía e o emprego local


 

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nun encontro con representantes do polígono industrial de Tordoia para coñecer a súa situación e as súas necesidades. Actualmente, hai construcións nunha extensión de 55.000 m2 e a maioría teñen cota de mercado no estranxeiro e están apostando polo I+D.

Os empresarios lle trasladaron a necesidade de que se leven a cabo actuacións de mellora na accesibilidade e nas condicións xerais do polígono.

O representante do goberno autonómico animou aos empresarios a seguir solicitando as distintas axudas que a Xunta de Galicia convoca para mellorar a calidade e a competitividade das nosas empresas e especialmente para as ubicadas no medio rural. Ovidio Rodeiro trasladoulle información sobre os apoios e os programas autonómicos para impulsar a economía e o emprego local.